7.6 C
Santa Comba
domingo, marzo 26, 2023

Tractorada de Reis en Mazaricos

-Os Reis Magos de Oriente volveron repartir ilusión, maxia e, por suposto, agasallos en Mazaricos.

A Gran Tractorada de Reis tivo lugar esta tarde polas rúas da Picota. Un vistoso evento onde os Reis Magos fixeron uso de cadanseu tractor para adaptar esta tradición ao espírito rural de Mazaricos, presumindo do noso. Ducias de familias mazaricás acompañaron aos reis nesta xornada.


Despois do desfile, os Reis Magos recibiron a todas as nenas e nenos que se achegaron ao recinto feiral da Picota. Durante a recepción repartíronse agasallos para todos os asistentes.


A tractorada púxolle fin a unha intensa programación de Nadal coa que Mazaricos recuperou a normalidade tras dúas edicións marcadas pola pandemia.

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, salientou a recuperación de eventos sinalados como a Carreira do Leite ou o Brinde Leiteiro, e asegurou que “estas festas de Nadal marcan o ansiado retorno á normalidade, á convivencia e ás actividades veciñais nesta época do ano”.

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DE MAZARICOS

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos