15.2 C
Santa Comba
lunes, junio 17, 2024

Presentado un mapa de recursos turísticos da Costa da Morte

A Asociación Profesionais de Turismo da Costa da Morte (APTCM) presentou o mapa da recursos turísticos da Costa da Morte, nun acto desenvolvido no Parador de Turismo de Muxía.


Editáronse 15.000 exemplares deste mapa que se distribuirá en feiras como Fitur ou Fairway, en oficinas de turismo, e tamén entre os clientes do Parador.


Desde APTCM aproveitaron para facer un chamamento “á implicación dos empresarios para que a Costa da Morte se convirta nun referente do Turismo de calidade.


Segundo indican desde a entidade a o ocupación de máis do 90% do Parador durante todo o seu tempo de apertura é un bo indicativo “O que nos fai pensar que a Costa da Morte está capacitada para desestacionalizar o turismo nos 12 meses para que o sector se beneficie das sinerxias creadas”.


O obxectivo de APTCM e pasar dos 100 socios actuais ós 300 durante o 2023. Celebrarán unha asemblea en febreiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,250SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos