9.4 C
Santa Comba
martes, diciembre 24, 2024

A CIG desmárcase da sinatura do convenio colectivo de XEAL

A Confederación Intersindical Galega (C.I.G.) denuncia que o Convenio Colectivo de Xeal “non contou coa participación do comité nin, por primeira vez na historia da empresa, foi sometido á votación da asemblea de traballadores e traballadoras”.

Pensan que este convenio suporá “ unha involución nos dereitos laborais, salariais e sociais do conxunto do persoal” e “no aspecto económico non se garante o poder adquisitivo dos salarios”.

Un convenio feito a medida da empresa

Para a CIG “este convenio é un traxe feito á medida de XEAL, pensado incluso para que non volva facer contratacións”.

Critican a modificación do sistema de rotación de postos e a desaparición das ontratacións para substituír as vacacións do persoal “e a partir de agora os traballadores e traballadoras da mesma quenda cubriranse mutuamente”.

Tamén a contratación temporal de alumnado de F.P., a perda do ,médico da empresas, o lote de Nadal “e establécese unha xornada de mantemento de día que resulta completamente discriminatoria”.

Representación sindical

Lamentan que “ haxa quen se preste a avalar este convenio de recortes e darlle pulo ás manobras da dirección”. Hai que lembrar que o convenio colectivo contou co respaldo das centras CGT, UGT e USO.

Sobre este asunto explican desde a CIG:

“Hai que lembrar que das últimas eleccións sindicais (ano 2019) saíu un comité formado por 6 persoas da CIG, 4 da CGT e 3 de UGT. Estes últimos dimitiron da UGT precisamente por discrepancias co proceder do seu sindicato, mentres que un representante da CGT se pasou á USO.Aínda que este sindicato non sacou representación nas eleccións, a dirección de XEAL tomouno en conta para as negociacións mentres que non tivo en conta os tres delegados dimitidos da UGT, que si teñen condición de delegados do persoal. É dicir, a empresa puxo en marcha un proceso negociador no que non participou a maioría da representación lexítima dos traballadores e das traballadoras e no que deu entrada a quen carece de representatividade, mais sabía que lle ía asinar un acordo á súa medida”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos