9.4 C
Santa Comba
martes, diciembre 24, 2024

Terra Galega rexeita os orzamentos de Carballo por “continuistas e sen ambición”

Terra Galega votou en contra dos orzamentos do concello de Carballo, xa que segundo afirmou o voceiro Andrés Eirís son “continuistas e sen ambición” e neles “vese claramente a un goberno esgotado e con desidia, con falta de ideas e de gañas de traballar por Carballo, amigo do superfluo e enemigo do necesario, é o mesmo que destes últimos anos”.

Tamén critican que as contas son “pouco realistas” cun remanente de 12.904.582 euros.

“Isto o que demostra é unha pésima xestión, pois o mínimo que se lle pide a un grupo de goberno e que os gastos e ingresos estén o máis igualados posible, o remanente e síntoma de mala xestión. Isto non é unha foto, o ano pasado foi moi parecido e neste 2022 ata o 30 de setembro hai 19.269.806,93 € de remanente” declarou Eirís.

286% máis de gasto en propaganda

Para Terra Galega “seguimos sendo un Concello de Anuncios e non de Feitos, no orzamento do 2021 a previsión de gasto en publicidade e propaganda era de 39.000,00 € e o realmente executado foron 112.941,65 €, un 289,6 % máis do que figuraba no orzamento, estamos falando de case o triple”.

Na súa intervención, Andrés Eirís tamén lamentou que “pese o incremento do orzamento do 2023 nun 8,53 % baixan os gastos en servizos sociais, deporte, educación e medio ambiente”.

Inversións non reais

Recriminan que o apartado de inversións non é real :”Reiteramos que non hai inversión plurianual e consígnase crédito para inversión que foron aprobadas no 2021 e financiadas con remanente de tesourería para gastos xerais que non están totalmente rematadas e certificadas e cuxo remanente de crédito xa non é posible incorporar no 2023, por terse incorporado unha 1ª vez”.

E desde Tega botan en falta “inversións prioritarias coma, a ampliación da Vila de Negreira para solucionar entre outras cousas o caos circulatorio do Choris, moito criticar ao PP pola circunvalación e o BNG segue sen facer os seus deberes”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,210SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos