A asociación de concellos do Camiño Fisterra-Muxía celebra un evento este venres 30 de decembro en Fisterra.
Desde as 16h poderase ver unha exposición sobrer o Camiño no Mercado municipal de Fisterra, con visita comentada.
Ás 16,45 na sala de exposicións do Faro de Fisterra terá lugar a presentación do “Camiño de Fisterra e Muxía”, un acto dirixido a alcaldes e técnicos que forman parte da entidade, así como a profesionais e medios de comunicación.
Está previsto contar coa presenza de Manuel Ángel Leis, Vicepresidente da asociación, José Marcote, alcalde de Fisterra, José Manuel Miñones, delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Pequeño Castro, presidente, e Margarita Lamela, alcaldesa de Cee.
E desde as 17:30 h no Hotel O Semáforo e coincidindo co “Solpor” haberá unha degustación gastronómica.