11.5 C
Santa Comba
miércoles, abril 3, 2024

Convenio para transformar o Centro médico de Carballo nun Centro Integral de Saúde

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez, asinaron un protocolo de colaboración para a execución das obras de reforma e ampliación do centro de saúde de Carballo que permitirá a súa transformación en centro integral de saúde (CIS).

Na sinatura estiveron acompañados polo delegado territorial da Xunta en Coruña, Gonzalo Trenor, polo xerente da área sanitaria, Luis Verde, así como pola directora de Recursos Económicos do Sergas, María Jesús Piñeiro.

O concello de Carballo realizará toda a tramitación relacionada co edificio.

Plan Funcional

A consellería de Sanidade desenvolverá un Plan Funcional coa ampliación do centro de saúde “para albergar máis consultas na área clínica e de diagnóstico e para a súa transformación en centro integral de saúde cunha área integral da muller, unha área completa de rehabilitación e a creación dunha área integral de hemodiálise con ata 25 postos, que evitará o desprazamento de pacientes á Coruña, incrementando a calidade asistencial a través da mellora da accesibilidade e da dotación tecnolóxica acorde ás necesidades detectadas”.

Segundo informa Sanidade, O Plan Funcional contempla incrementar, con respecto ao actual, a área de adultos con catro consultas de médico de familia, tres de enfermería, un despacho de xefe de servizo e tres salas polivalentes; incorporar na área da muller unha sala de educación sanitaria, unha consulta de obstetricia e unha de rehabilitación de solo pelviano; incrementar a área de pediatría con aseos e sala de lactancia; aumentar a área de especialistas de especialistas cunha consulta de enfermería, unha de reumatoloxía, unha de cirurxía e un gabinete de explotación oftalmolóxica; crear unha área de docencia con catro consultas e unha aula de formación; ampliar o Punto de Atención Continuada cunha cuarta consulta consulta; sumar na área de saúde mental unha segunda consulta de psiquiatría e unha de docencia; duplicar o espazo da sala de fisioterapia e crear a mencionada área de hemodiálise con 300 m2.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos