17.2 C
Santa Comba
martes, noviembre 5, 2024

A Bandeira Verde loce no concello da Laracha

O alcalde da Laracha, José Manuel López Varela, e o director do Instituto de Estudos do Territorio, Enrique Salvador, izaron a Bandeira Verde de Galicia que xa loce na Praza do Concello como símbolo do recoñecemento da Xunta polo labor a prol da protección da paisaxe e do medio ambiente.


Neste ano son quince os municipios galegos que obteñen este recoñecemento ao ser considerados como os máis dinámicos neste eido por desenvolver boas prácticas para o coidado da contorna, o respecto da paisaxe, a minoración das emisións de CO2 e a redución do consumo enerxético.


Entra as accións levadas a cabo polo Concello da Laracha e que posibilitaron a concesión deste distintivo cabe salientar a renovación da iluminación pública e das instalacións municipais por luminarias tipo LED de maior eficiencia enerxética, a implantación da quinta fracción da recollida selectiva (colector marrón de orgánicos), humanización de rúas, creación e mellora de sendas peonís e accións de sensibilización en material medioambiental, entre outras iniciativas.


A Bandeira Verde, creada no 2020 e outorgada por primeira vez á Laracha neste ano, pretende convertese nun distintivo que sexa recoñecido pola cidadanía, turistas e visitantes para fortalecer a imaxe dos municipios máis comprometidos nos ámbitos ambiental, paisaxístico e de respecto ao patrimonio natural.


A Bandeira Verde de Galicia avala as políticas municipais nestes campos e é un aliciente para continuar realizando no futuro accións destas características.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos