O Tribunal Superior de Xustiza estimou os recursos de reposición interpostos por ADEGA e a Plataforma pala la Defensa de la Cordillera Cantábrica (PDCC) contra a imposición do pago de caucións para facer efectivas as paralizacións cautelares dos proxectos eólicos Campelo e Bustelo, promovidos por Greenalia nos concellos de Santa Comba, Coristanco e Carballo.
Ademais a xustiza confirma paralización cautelar dos dous parques. O TSXG desestima os recursos de Greenalia e da Xunta contra a suspensión cautelar e tamén a petición de aumento de importe da garantía esixida.
Desde ADEGA e a PCC valoran estas noticias “con grande satisfacción por canto confirman a paralización cautelar de ambos parques eólicos de Greenalia e sentan un precedente moi favorable para as organizacións sociais e/ou ecoloxistas sen ánimo de lucro que recorran en vía contencioso-administrativa a paralización cautelar de proxectos eólicos autorizados pola Xunta”.
Agora agardan a resolución con respecto ao proxecto eólico de Monte Toural e comenzarán a efectuar as devolucións dos préstamos solidarios recibidos no marco da campaña “Ti podes paralos!”, coa que xuntaron uns 23.692 euros.