20.6 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Pilar Iglesias candidata á alcaldía de Cee

O desexo de Ramón Vigo de que IxCee continúe activo e que o concello teña a alcaldesa “máis dictatorial da historia democrática de Cee” xunto co apoio das xentes do partido animan a Pilar Iglesias a presentarse.


Este é o texto remitido por Pilar Iglesias Lema

No día de hoxe comunico a decisión de presentar a miña candidatura á alcaldía de Cee polo Partido Independientes por Cee, IxCEE.


A renuncia do noso Secretario Xeral e exalcalde a continuar participando na política institucional e amosarnos o seu desexo de que o partido que contribuiu a fundar, hai vinteoito anos, continuase activo e con representación na corporación municipal, unido ao mandato máis alonxado das pautas de cortesía e corrección política, dirixido pola alcaldesa máis dictatorial da historia democrática de Cee e o apoio das compañeiras e compañeiros, déronme a forza necesaria para afrontar este reto que nunca estivo na miña mente.
Síntome arroupada polo cariño da veciñanza, da militancia do partido, das amizades e da familia.


Teño unha longa experiencia na política local na que comencei no ano 2007 cando Ramón Vigo me chamou para acompañalo na súa candidatura, na que fun de número catro e non saín concelleira.

Con posterioridade Ramón Vigo, xa elexido Alcalde, chamoume para ser a xefa de gabinete da alcaldía. Aí foi onde comencei a decatarme da importancia que supoñía para min adicar parte do meu tempo a arranxar, ou cando menos intentalo, os problemas da veciñanza. A esa complexa tarefa axudoume a miña capacidade de traballo, o meu talante conciliador, a miña vocación de servicio e o carácter resolutivo que sempre teño ante a vida.

Posteriormente tiven a oportunidade de ser concelleira, durante cinco anos, de Presidencia, servicios sociais, igualdade e emprego, e así coñecer de cerca uns dos grandes problemas da sociedade moderna e de contribuir a palialos na medida do posible. Neses anos fun tamén membro do goberno municipal e durante dous anos e medio a primeira tenente alcalde que me aportou unha visión global da xestión municipal.


Ofrezo toda esta experiencia política, o compromiso de non virarlle mala cara a ninguén e escoitar as vosas peticións con agarimo, no despacho ou na rúa, e co ánimo de intentar satisfacelas, na medida do posible. Unha aperta

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos