17.9 C
Santa Comba
martes, noviembre 5, 2024

Carballo en titulares 14-XII-2022

30.000 euros para a U.A.D. de Carballo


O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, asinaron un convenio que permitirá o mantemento da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Carballo. A entidade provincial achega 30.000 euros.
A UAD presta servizo de tratamento e prevención de consumo de drogas e alcohol a 15 concellos de Bergantiños e da Costa da Morte.

O PSOE pide que se axilice a ampliación do Polígono de Bértoa

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, esixiulle á Xunta que axilice a ampliación do Polígono de Bértoa, logo de constatar que a execución deste proxecto quedou fora dos Orzamentos para 2023. Seco levou á Comisión de Industria do Parlamento as queixas dos empresarios de Carballo, que tildan os Orzamentos da Xunta de “decepcionantes”.

Seco apunta que, tal e como sinalan os empresarios de Carballo, a previsión orzamentaria insuficiente, de 178.000 euros para a ampliación do polígono industrial e os 500.000 para a circunvalación, evidencian que ningún dos dous proxectos estarán en marcha no ano 2023.

Exposición de Beléns en Carballo

O Pazo da Cultura acolle a exposición “De Belén ao Finisterrae” desde este 14 de decembro e ata o 15 de xaneiro.

A mostra recolle “unha das mellores coleccións de beléns de todo o estado” a través das máis de 2.500 pezas artesás que integran o Taller Museo Santxotena(Araba).

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos