O grupo municipal do Partido Popular en Muxía presentou unha proposta de obras para o POS 2023 e empreza ao alcalde, Iago Toba, a convocar unha comisión informativa para negociar o citado plan.
“Todas as obras que propoñemos son necesarias e seguro que haberá moitas máis xa que o estado xenérico do noso concello é o do abandono máis absoluto e esperamos que as nosas propostas sexan tidas en conta para que o POS deste ano poida ser aprobado sen incidencias” declarou a portavoz Sandra Vilela.
Estas son as actuación propostas polo PP:
2ª fase de agua de Morpeguite e Pasantes
Rehabilitación do polideportivo municipal
Camiños interiores de Figueiras
Saneamento de Añobres
Acceso e camiños interiores de Xurarantes
Camiños interiores de Vilarmide
Viais en Caberta e Merexo e Leis
Vial Moraime a Oruxo
Agua en Lourido
Accesos a Cibrán e O Castro
Vial de Agreiras a Viseo
Saneamento de Leis