2.5 C
Santa Comba
jueves, enero 16, 2025

Programa de Nadal do concello da Laracha

. O Concello presenta a programación municipal de Nadal que todos os anos organiza cos obxectivos de fomentar o espírito destas datas entre a veciñanza, ofrecer alternativas de ocio con especial atención ao público infantil, xuvenil e familiar para facilitar a conciliación, e tamén apoiar economicamente tanto ao comercio local como ás asociacións culturais e coros parroquiais por medio dos certames de escaparates e de panxoliñas.


As primeiras actividades van dirixidas aos colexios. O venres 16, luns 19 e martes 20 haberá teatro infantil na Casa da Cultura en horario lectivo con Carabela, da compañía Galeatro, unha historia de Paula Carballeira interpretada por Alba Bermúdez, Davide González e Tone Martínez cuxa mensaxe é o coidado do medio ambiente. Durante os tres días haberá dous pases que principiarán ás 10:00 e ás 12:00 horas. En total asistirán preto de 800 alumnos dos CEIPs Otero Pedrayo, Alfredo Brañas e Caión.


O xoves 15 a partir das 11:00 horas realizarase na biblioteca da Laracha a cualificación dos concursos de contos e postais, tamén dirixidos ao alumnado dos centros educativos. Os outros certames de Nadal son o de panxoliñas “María Angeriz Tuset”, programado para o venres 30 a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura, e o de escaparates, no que se repartirán un total de 1.900 euros en premios, estando o prazo de inscrición aberto ata o 25 de decembro.


Papá Noel na Praza do Concello


Nesta semana acendeuse a iluminación de Nadal nas vilas da Laracha, Paiosaco e Caión, que permanecerá activa ata o día 6 de xaneiro. A Praza do Concello foi decorada cun poboado que será protagonista dunha das actividades coa presenza nel de Papá Noel os días 22 e 23 de decembro entre as 17:00 e as 19:30 horas.


Actividades con inscrición requirida


O luns abrirase a inscrición en tres das actividades infantís e xuvenís nas que se require a reserva de praza por seren limitadas. Poderase facer de xeito gratuíto cubrindo o formulario en liña a través da web e redes sociais municipais, ou ben acudindo ao Concello.
Unha delas é o obradoiro infantil de cupcakes e galletas de Nadal que se realizará en tres quendas os días 27 (alumnos de infantil), 28 e 29 (alumnos de primaria) en horario de 11:00 a 13:00 h na Casa da Cultura da Laracha.


Para o público xuvenil (maiores de 12 anos) van dirixidas as actividades de realidade virtual (martes 27 no baixo da biblioteca da Laracha de 17:00 a 20:00 h) e a saída ao escape room Clue Hunter da Coruña (martes 3 de xaneiro, con saída da Praza do Concello ás 17:30 h e regreso ás 20:30 h).


Eventos para o público infantil e familiar


Como propostas dirixidas a todos os públicos, en especial ao infantil e familiar, inclúense as seguintes, todas elas con entrada libre e gratuíta ata completar a capacidade máxima das salas:


• 26 de decembro. Espectáculo infantil-familiar: O castiñeiro do Apalpador, de Fantoches Baj, no centro sociocomunitario de Caión ás 17:30 h.
• 28 de decembro. Espectáculo infantil-familiar: Os fabulosos Cleaners, de Malasombra Producións, na Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.
• 29 de decembro. Espectáculo de maxia con David Maestro: A viaxe máxica, no centro sociocultural de Paiosaco, ás 17:30 h.
• 30 de decembro. Teatro infantil-familiar: Fazulas e o ladrón de paraugas, de Bandullo Azul, na Casa da Cultura da Laracha ás 12:00 h.
• 2 de xaneiro. Cine infantil: Valentina, na Casa da Cultura da Laracha ás 17:30 h.

Cabalgata dos Reis Magos


A cabalgata dos Reis Magos pechará as festas do Nadal e tamén o programa de actividades do Concello. Do mesmo xeito que nos últimos anos, realizarase un percorrido por todas as parroquias do municipio os días 4 e 5 de xaneiro.


O día 5, trala cabalgata, Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ao pavillón do IES Agra de Leborís, onde os nenos están convidados a agardar polas Súas Maxestades desfrutando dunha festa infantil.

NOTA CONCELLO DA LARACHA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos