O pasado 26 de novembro celebrouse en Tui o VI Congreso Nacional de Converxencia 21. Un Congreso onde se modificaron os estatutos e dirección. Este partido de centro liberal escolleu como Presidente a José Palacín, actual concelleiro do partido en Tui e que no seu día fora Presidente Federal en Galicia do Centro Democrático Liberal, socio do Grupo Liberal Demócrata Europeo.
Como Presidente do C.D.L, Palacín conseguira facer despegar a esta formación, chegando aos 11 concelleiros e 12 agrupacións locais na nosa comunidade, pero este partido a nivel español foi integrado por Ciudadanos. Todas as federacións salvo a galega, subscribiron ese pacto co partido de Albert Rivera.
Agora Palacín ten unha segunda oportunidade e non quere deixar pasar a ocasión de sondexar algún posible contacto na Costa da Morte e na Comarca do Xallas cara a estas próximas Eleccións Municipais, de feito Palacín visitara toda a comarca con motivo das Eleccións Autonómicas de 2012.
Lembremos que Converxencia 21 (C21) ten contacto co European Liberal Forum (E.L.F) a través do Grupo Galidem.
Foto- Arquivo- Palacín nunha visita á redacción de La Voz de Galicia en Carballo en 2012