6.3 C
Santa Comba
miércoles, enero 15, 2025

Ruta das Tapas 2022 en Mazaricos

Mazaricos celebra unha nova edición da súa Ruta das Tapas o vindeiro sábado 3 de decembro. O Concello e os establecementos de hostalería volven promover os sabores locais, convidando a toda á veciñanza e visitantes a desfrutar de tapas elaboradas e orixinais.


Nesta edición de 2022 conforman a ruta sete locais do municipio: o restaurante EFE-EME, Casa Jurjo, a Pizzería Pinocchio, o Asador Manduca, Casa Senra, Casa Pego e o Hotel Rústico Santa Eulalia. O prezo fixo das tapas será de 2,5 €.


Sistema de votación e premios


Un ano máis, o sistema de voto funcionará a través de credenciais cuñadas. As persoas participantes na ruta poden cuñar a súa credencial en cada un dos locais aos que acudan. Nese papel poderán puntuar do 1 a o 5, ao lado do nome do establecemento correspondente, a tapa consumida atendendo a valores como o sabor e/ou a presentación e elaboración da mesma. O 1 será a puntuación máis baixa e o 5 a máis alta.


Unha vez teñan un mínimo de catro cuños, poden depositar a credencial co seu nome e teléfono de contacto nas urnas habilitadas en cada local. A mellor tapa será aquela que acade a maior puntuación por este sistema, e o establecemento que a elaborase recibirá un diploma acreditativo.


Con posterioridade á celebración da ruta, procederase a un sorteo entre todas as credenciais válidas dunha cea por valor de 80 euros en calquera dos establecementos que participan nesta Ruta das Tapas 2022.


O concelleiro de Promoción Económica de Mazaricos, Jorge Sanmartín Rial, agradeceu a todos os locais participantes a súa implicación e convidou a todas as persoas amantes da boa gastronomía a vir descubrir as tapas mazaricás. O edil engadiu que esta actividade supón «un novo impulso á hostalería local» que reafirma «o compromiso do Concello co noso tecido económico durante e despois da crise económica causada pola pandemia».


Esta Ruta das Tapas 2022 coincide temporalmente coa Semana Gandeira de Mazaricos, que se celebra do 28 de novembro ao 4 de decembro. Deste modo, as persoas asistentes a este importante evento do sector gandeiro galego terán unha oferta máis de lecer durante este fin de semana, o que supón, a xuízo de Jorge Sanmartín, «un atractivo máis para moitísima xente que vai visitarnos durante a fin de semana».

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos