A localidade larachesa de Caión acollerá o vindeiro martes 29 de novembro o II Encontro de Turismo da Costa da Morte.
“É unha cita anual que queremos institucionalizar e que debe servir para intercambiar ideas e proxectos e para mostrar a potencial do sector turístico do xeodestino» sinalou a presidenta da entidade Mónica Rodríguez.
Na Casa da Cultura de Vimianzo celebrouse a última asemblea de socios do ano 2022 onde fixo balance do «intenso» traballo desenvolvido durante o presente exercicio e deseñou as liñas básicas da estratexia turística para o 2023.
Entre outros temas, fíxose balance das campañas e actividades impulsadas a través do convenio entre a CMAT e Turismo de Galicia e as axudas de Deputación da Coruña para os entes de xestión dos xeodestinos da provincia, tratouse a participación do destino en FITUR en xaneiro de 2023 e da posibilidade de por en marcha un relevante proxecto destinado a mellorar a calidade e a competitividade dos servizos turísticos do territorio e continuar traballando na consolidación do destino no eido do astroturismo.
O convenio con Turismo de Galicia permite que Costa da Morte Asociación Turística impulse campañas promocionais temáticas para poñer en valor o patrimonio megalítico de Costa da Morte, os principais lugares de interese xeolóxico, o surf e as praias salvaxes e o turismo familiar.
Durante os últimos meses, ademais de presentar os novos contidos nas redes sociais e na web da CMAT, un equipo de profesionais da fotografías e o audiovisual está a percorrer os lugares de maior interese relacionados con estas temáticas da Costa da Morte.
Este material servirá para que a CMAT fortaleza a capacidade de promoción e información sobre o territorio, especialmente a través da canles online.
No 2023 Costa da Morte Asociación Turística, según ratificou a asemblea, seguirá traballando na imaxe e posicionamento dos valores da marca do destino, na diversificación da oferta e na súa mellora, na distribución equilibrada dos fluxos turísticos ao longo do territorio e na desestacionallización da demanda. A CMAT traballa neste último trimestre de 2022 na reedición, xunto cos concellos do xeodestino, do Mapa Turístico de Costa da Morte, que estará nas próximas semanas a disposición de viaxeiros locais e foráneos. A asociación tamén produce material de merchandising para empregar en eventos promocionais e feiras de turismo.
O convenio con Turismo de Galicia permite, ademais, a organización do II Encontro de Turismo de Costa da Morte. Mónica Rodríguez considera que o evento «representa unha oportunidade para formentar a unión dos concellos, da iniciativa pública e do sector turístico privado». Ao seu xuizo, «o encontro serve para celebrar o pasos adiante dados polo xeodestino».
A presidenta da CMAT aproveitou a asemblea para agradecer o «apoio» de Turismo de Galicia e a Deputación da Coruña no cofinanciamento das actividades desenvolvidas e «esenciais para poder consolidar o noso xeodestino, posicionar a nosa marca e atraer a un turismo de maior calidade».
O II Encontro de Turismo de Costa da Morte contará con representantes do concellos, do tecido empresarial turístico local, da Deputación da Coruña, de Turismo de Galicia e da Fundación Starlight. Tamén participará o catedrático da Universidade de Santiago de Compostela Jorge Mira.