Tramitación parque eólico Braña Ancha
Sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública do proxecto do parque eólico de Braña Ancha, que afecta ós concellos de Coristanco a Santa Comba.
A empresa Adelanta Corporación pretende instalar catro aeroxeradores dunha potencia total de 22,4 megavatios.
Teléfono veciñal dos socialistas xalleiros
O Partido Socialista de Santa Comba vén de poñer a disposición dos veciños un teléfono (611.738.457) e o correo electrónico socialistasantacomba@gmail.com para recoller suxerencias, queixas, etc..
Recentemente o PSOE inauguraba a Casa do Pobo na Avda Alfonso Molina e presentaban ao seu candidato, Alberto Romar, que foi o segundo convidado no noso espazo de entrevistas “A Trencha”.
Diego Vilas, novo presidente da asociación de empresarios
O empresario Diego Vilas Boga é o novo presidente da asociación de empresarios de Santa Comba despois de contar co respaldo da asemblea xeral extraordinaria.
Incorpóranse á entidade como directivos Santiago Corzón Martínez e Patricia Rodríguez Canedo. Vilas xa formaba parte da actual directiva.
Actividades en Santa Comba
O vindeiro venres 25 de novembro chega a última función do ciclo de teatro organizado desde o concello.
Desde as 22h, no multiusos, unha función para adultos “Chola a it girl” de Artesacía – Urdime.Entrada gratuía ata completar aforo.