5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

Ana Pontón arroupou ós candidatos a sete alcaldías da Costa da Morte

Xurxo Rodríguez Baña(Camariñas), Ramón Noceda(Carnota), Serxio Domínguez(Cee), Carlos Fernández(Muxía), Manuel Muíño(Zas), Xan Carlos Sar(Fisterra), e Xaime Trillo(Dumbría) encabezarán as listas do BNG nos seus respectivos concellos. Faltan por concretar os concellos de Corcubión e Vimianzo.

Esta sábado en Camariñas celebrouse un acto que contou coa presenza da portavoz nacional, Ana Pontón, coincidindo co aniversario da catástrofe do Prestige.

“É evidente que non se cumpriu coa Costa da Morte e tamén que non se están facendo as cousas ben porque esta comarca está perdendo oportunidades e vai a menos”, denunciou.

Ana Pontón presentou o proxecto do BNG para os concellos da comarca que ten como denominador común apostar pola dinamización do tecido económico local, reforzar os servizos públicos, -sanidade, educación, coidado dos maiores e todo o que permita a conciliación laboral e familiar-,e dotar á Costa da Morte dun servizo de transporte que permita a mobilidade da poboación.

“No BNG temos claro que hai que darlle a volta a esta situación para que a Costa da Morte teña futuro e para conseguilo é fundamental que os concellos teñan gobernos municipais solventes, cun proxecto serio e con propostas concretas, capaces de revitalizar e dinamizar esta comarca no económico, no social, no cultural. Eses son os proxecto de goberno que representa o BNG para os concellos da Costa da Morte” manifestou a portavoz do BNG.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos