12.5 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

O PSOE defende a candidatura de Alberto Romar para “deixar atrás as liortas e os espectáculos xudiciais”

O candidato á alcaldía de Santa Comba, Alberto Romar, estivo arroupado polo secretario xeral dos socialistas de Galicia, Valentín González Formoso, no seu acto de presentación celebrado este sábado no Restaurante Leandro.


Segundo explican desde o PsdeG “a candidatura de Santa Comba que vai encabezar Alberto Romar é unha aposta polo futuro e polo dinamismo económico dunha vila, unha aposta política nova que quer deixar atrás as liortas e os espectáculos xudiciais para recuperar a dignidade e facer as cousas ben”.


Fontes socialistas afirman que “arredor de 600 persoas” asistiron a un acto no que tamén estiveron presentes o secretario provincial Bernardo Fernández Piñeiro, o coordinador comarcal Antonio Leira e os alcaldes de Ames e Negreira.


Desde o PSOE manifestan que a de Alberto Romar “é unha candidatura gañadora”.

Romar ofreceu a súa primeira entrevista como candidato nesta plataforma dixital.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos