16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Gonzalo Trenor visitou a Cooperativa Xallas en Santa Comba

Lácteos Ferrado Verde e a Cooperativa Xallas recibiron axudas da Xunta.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou as instalacións da Cooperativa Xallas, que xunto coa empresa Lácteos Ferrado Verde, asentada na localidade da Pereira no mesmo concello, beneficiáronse con axudas da liña para apoiar investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios.


A Cooperativa Xallas de Santa Comba recibiu 44.047 euros para un proxecto de mellora da súa fábrica de pensos no que investiu 125.850 euros.


No caso de Lácteos Ferrado Verde S.L. a axuda económica ascendeu a 106.776 euros para un investimento de 305.076 euros co obxectivo da mellora tecnolóxica da queixería. As axudas superaron os catro millóns de euros na área de Santiago.


Na súa visita a Santa Comba, Gonzalo Trenor, estivo acompañado pola alcaldesa xalleira, María Pose e polo xefe territorial da Consellería do Medio Rural, José Manuel Santos Maneiro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos