16.5 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

“Sigo con Ucha” confirma Cristina Fajín en Radio Xallas

Foto- Arquivo

A concelleira de Cultura e Turismo do concello de Santa Comba, Cristina Fajín, confirmou a súa intención de volver a acompañar a José Antonio Ucha na candidatura que encabezará o ex-alcalde de cara ós comicios municipais.

“Voume a seguir mantendo ao lado da persoas que me trouxo a este mundo da política e confiou en min” declarou Fajín nunha entrevista do espazo de “Servizos Municipais” de Radio Xallas, realizada por Víctor Furelos, José María Suárez e Manuel Vilariño.

“Sigo con Ucha” dixo, asegurando que a idea é “presentarnos as próximas eleccións e explicarlle a xente o noso punto de vista”. Considera que posiblemente houbo algún «fallo de comunicación» para explicar o acontecido nesta lexislatura.

Fajín valorou positivamente a súa experiencia de goberno co PP aínda que clarexou que a nivel político tiña “a miña forma de ser e os meus principios” e polo tanto “seguiremos por camiños separados pese a traballar xuntos” durante este tempo.

Agora podo tomar as miñas propias decisións”

Con todo isto deixou claro que os populares “estanse portando ben” sendo isto o lóxico porque “viñemos a traballar polos veciños”.

“Agora podo tomar as miñas própias decisións. Antes non podía, non era dona da miña concellería. Antes estaba a un lado e agora teño apoio e podo aportar ideas e teño liberdade total”.

Nas eleccións de 2019, Cristina Fajín ocupou o segundo posto na lista do PSOE. En 2023, a previsión é que volva a acompañar a Ucha, pero baixo as siglas doutro partido.

Podes escoitar a entrevista desde o minuto 138

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos