15.5 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Coristanco quere adherirse a rede de concellos emprendedores da Xunta

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, e o Secretario Xeral Técnico da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, Pablo Casal, mantiveron un encontro co alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, para abordar cuestións relacionadas coa posta en marcha do novo polígono industrial neste municipio.

Segundo explicaron desde a Xunta o alcalde destacou o seu interese por adherirse á rede de concellos emprendedores de Galicia que ten como principal obxectivo trasladar confianza e seguridade xurídica ao tecido económico e, neste sentido, fíxase un prazo de tres meses para a emisión de informes por parte da Xunta, e amplíanse os supostos para ser iniciativas empresariais prioritarias.

O secretario xeral técnico da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economia, Industria e Innovación, Pablo Casal, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor, mantén un encontro co alcalde de Coristanco, Juan Carlos García.

Os representantes autonómicos explicaron que un concello emprendedor colabora coa Xunta na captación de novos investimentos para Galicia. Os concellos ofrecen simplificación administrativa, maiores facilidades para acceder ao solo empresarial e bonificacións de ata o 95% do IBI, do IAE e do ICIO para aqueles proxectos que impliquen nova implantación ou ampliación.

Pola súa parte, a Xunta está dando prioridade ós concellos emprendedores en diversas liñas de axuda. Na provincia da Coruña son 45 os concellos desta rede.

Nesta xuntanza tamén se abordaron os avances da nova Lei de áreas empresariais de Galicia, que entra en vigor este xoves 10 de novembro.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos