«Expectativa e realidade do río Grande», con texto e fotos de Ramsés Pérez, é un artículo publicado o 5 de novembro en Nós Diario, que «quere levar ao lector a un roteiro pequeno e tranquilo, o da Ruta dos Muiños da Ponte do Porto ou PR-G 190, pola beira do rio do Porto», tamén chamado rio da Ponte ou río Grande.
Unha ruta homologada no 2015, aínda que vinte anos atrás xa estaba sinalizada e foi unha das dúas pioneiras na Costa da Morte. O autor destaca a beleza do entorno, especies de fauna e flora, e a singulariedade dos elementos que a definen, os muíños. Son 25 rodas históricas, documentadas no século XVIII e varias xa no xv, pero que hoxe están en boa parte nun lamentable estado de abandono e ningunha moe.
Así indica o autor como «hoxe son un elemento máis dun ecosistema natural absolutamente ocupado por eucaliptos e acacias que mesmo chega a beira do río e mar». O autor é moi crítico coa situación actual do camiño, que incluso foi ocupado por muros e recheos recentes, «a realidade desta ruta é lamentablemente a de moitas outras do noso país. Outro exemplo máis de proxectos que crean unhas infraestructuras que non se manteñen e quedan abandonadas».
«Parte da sinalización desapareceu, os códigos QR non funcionan e os paneis informativos están tirados» incide o cronista. Asi poñe a ruta como «exemplo de abandono do noso patrimonio natural e cultural». Denuncias tamén feitas polos veciños, visitantes ou os pescadores. De feito nos últimos anos, antes da pandemia, eran os membros da asociación de pesca deportiva Neria os que mantiñan limpos os sendeiros do río. As actitudes incívicas atacando o mobiliario e sinalización tampouco axudan»