4 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

O PSOE denuncia que os orzamentos da Xunta esquecen a Santa Comba

Presentan emendas para a mellora da estrada AC-406, solucionar os problemas no CEIP Barrié de la Maza e no CEIP Pepe Xan Baña, e aclarar o futuro do Centro Médico.

O PSOE xalleiro critican o “esquecemento e menosprezo do goberno de Alfonso Rueda aos concellos rurais da provincia”.

Reivindican un “trato xusto” e anuncian a presentación de emendas que se centran “na a estrada AC406 que une Santa Comba e Portomouro, fondos para solucionar os problemas no CEIP Barrié de la Maza e no CEIP Pepe Xan Baña, e aclarar o futuro do Centro Médico.

A «eterna promesa» da estrada

O PSOE de Santa Comba lamenta o pouco investimenro destinado á estrada AC406 que une Santa Comba e Portomouro, “pois o goberno só prevé 750.000 euros para acondicionar este tramo, o que é completamente insuficiente tendo en conta que os 1,9 quilómetros xa executados no 2019 tiveron un valor de 4,2 millóns de euros”.

Alberto Romar, candidato socialista á alcaldía de Santa Comba nas próximas eleccións municipais, lamenta que sega sen ter solución o que califica como “a eterna promesa”. “Despois de anos e anos de promesas, os socialistas de Santa Comba pedimos certezas para a AC406”.

Melloras no Barrié de la Maza e no Pepe de Xan Baña

Os socialistas de Santa Comba tamén inclúen nas súas enmendas a dous centros educativos.

“No CEIP Barrié de la Maza urxe unha renovación integral que pasaría, entre outras actuacións, polo cambio de cubertas debido aos problemas coas filtracións e o cambio de fiestras, persianas e de iluminación por novos puntos de luz con tecnoloxía LED que aseguren o aforro”.

Con respecto Ao CEIP Pepe de Xan Baña de Traba-Castriz as carencias “son moi semellantes” e inciden nas goteiras “na entrada do centro e na sala de profesores”.

Nas enmendas aos orzamentos da Xunta tamén incluirá o PSOE de Santa Comba o futuro do centro médico de Santa Comba, “coa vaga de recortes no Sergas que repercute á hora de cubrir as necesidades básicas dos seus veciños e veciñas”.

O candidato á alcaldía xalleira Alberto Romar participaba fai uns días no programa “A Trencha” que se emite na canle de Youtube @AdianteTV e nos Podcast de Ivoox e Spotify.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos