Informa 112 Galicia –
O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro ás 16:45 horas desta tarde, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender á persoa accidentada. Os profesionais sanitarios só puideron confirmar o seu falecemento
Ata o lugar dos feitos, no punto quilométrico 14 da AC-440, tamén acudiron os Bombeiros de Cee, os axentes da Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Muxía.
Os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Cee descartaron facer uso do material de excarceración, ao atoparse accesible o accidentado.