2.5 C
Santa Comba
jueves, enero 16, 2025

A asociación de empresarios de Santa Comba celebrará a súa asemblea extraordinaria o 18 de novembro

A asociación de empresarios de Santa Comba celebrará a súa asemblea extraordinaria o venres 18 de novembro nas instalacións do restaurante Novo Salgueiro (primeira convocatoria ás 20,30 e segunda ás 21h).

Despois da renuncia do presidente Alberto Romar, que optará á alcaldía xalleira liderando a candidatura do PSOE, a entidade debe escoller novo presidente, un posto ocupado na actualidade en funcións por Pablo Pérez Escaríz.


Desde a directiva abriuse o prazo para a presentación de candidaturas.Tamén se procederá a cubrir, se é necesario, as posibles baixas nos vogais da xunta directiva e haberá unha quenda de rogos e preguntas.

IV Feira de Outono

A patronal xalleira tamén organiza a IV Feira de Outono que se celebrará o 11, 12 e 13 de novembro no recinto feiral, con diversos postos e actividades.


Horarios de apertura da Feira de Outono


Venres 11 de outubro- de 17 a 21h.
Sábado 12 de outubro- de 10 a 21h.
Domingo 13 de outubro- de 10 a 20,30h.

FOTO ASEMBLEA XERAL ABRIL 2022

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos