10.3 C
Santa Comba
miércoles, enero 22, 2025

A Carballeira de Baio, no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acordou incluír á Carballeira de Baio dentro do Catálogo Galego de Árbores Senlleiras.

Segundo informan desde o concello de Zas desde agora “este é un espazo protexido que conta cunhas medidas especiais de conservación e co recoñecemento oficial do seu valor científico, cultural, didáctico, paisaxístico e ornamental” sendo o primeiro espazo da Costa da Morte que entra a formar parte deste catálogo no que están incluídos outros corenta lugares de toda a comunidade.

A Carballeira de Baio ten unha superficie de 9.695 metros cadrados e dende xuño de 2017 é de propiedade municipal despois de que o Concello de Zas mercase os terreos situados ao carón do paseo fluvial da vila.

Aínda que se descoñece con exactitude a data exacta da plantación, estímase que a maior parte dos carballos – Quercus robur L. – aquí presentes teñen uns 200 anos atendendo á súa morfoloxía e ás súas dimensións.

Case 300 carballos

A Carballeira está formada por case 300 carballos que, nalgún caso, superan os 20 metros de altura. Os seus troncos forman interesantes imaxes que abren a imaxinación de quen os visita e esto débese, en boa parte, a que as árbores medraron de forma natural competindo entre si.

O último domingo de cada mes de xuño celébrase a Festa da Carballeira de Baio neste enclave.

Para o Alcalde de Zas, Manuel Muíño, “este recoñecemento axuda a garantir a protección e a conservación do lugar para que as nosas xeracións e as futuras podan gozar deste espazo tan singular tanto pola súa beleza como pola súa biodiversidade”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos