12.3 C
Santa Comba
viernes, noviembre 1, 2024

“Santa Comba debería estar dentro do Parque do Megalitismo”

O recoñecido arqueólogo Lino Gorgoso ten claro que “Santa Comba debería estar dentro do Parque do Megalitismo”. Recoñece que “Todos os concellos tiñan un número maior de mámoas que Santa Comba pero tamén fixéronse máis prospeccións”.

No Plan Xeral hai uns 30 elementos recollidos e outros tantos desapareceron, pero grazas ao interese de entidades como Axio Mouro, o blog O Son da Curuxa e o traballo de expertos como Fátima Sánchez Blanco e o propio Gorgoso, estívose avanzando na localización e catalogación de distintos recursos.

Potencial arqueolóxico xalleiro

Nunha entrevista en Radio Xallas, feita por José Manuel Vázquez, Gorgoso destacou o potencial xalleiro:”Son elementos dun tamaño grande e visualmente moi atractivos e adecuados para a súa posta en valor no seo do patrimonio e do turismo”. Xa falara o especialista con anterioridade noutra entrevista con X.M. Lema na emisora municipal.

Tamén apelou a concienciación: “Moitas veces destrúense xacementos por ignorancia e noutros casos as advertencias serven para evitaolo, como no caso de Boimente”.

A xestión deste tema necesita da implicación da administración: ”Debe de coñecerse este patrimonio, primeiro sensibilizar e logo investir. É un proceso longo pero temos monumentos bos”.

Puxo como exemplo as decisións adoptadas polo concello de Coristanco con respecto ao Chan das Embarradas. Tamén está o caso do concello de Zas e a súa aposta por Brandomil.

“Hai que dar o paso, escoller un elemento que teña meirandes posibilidades e facer un estudio”. É o consello dun home que sabe do que fala. Recentemente informamos da Cista do Mato Mouro (ver artigo aquí).

Imaxes da doazón da Machada prehistórica de San Salvador

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos