As 8 da da mañá esta era a imaxe do Centro de Saúde de Santa Comba. Caían as pingueiras dentro das instalacións e en dous dos despachos ( medicina e enfermería).
As intensas choivas deixaron pegada no centro e sacan a relucir vulnerabilidades do edificio, ante a mirada dos pacientes que ían chegando e dos profesionais que estaban alí traballando.
Queixas desde as AAVV San Xoán de Grixoa
Desde a asociación de veciños San Xoán de Grixoa anunciaron a presentación dun escrito no concello de Santa Comba para dar coñecemento “da situación precaria na que se atopa o noso centro de saúde a efectos de depurar responsabilidades no caso de calquera accidente”.
Desde esta asociación critican “a inacción, desatención, falta de profesionalidade, deixadez das súas funcións” por parte do concello. E tamén lanzan unha mensaxe tanto ao goberno como á oposición: ”Equipo de goberno e oposición política de #santacomba estamos esperando a que nos demostren canto lles importa Santa Comba!!!”.