7.8 C
Santa Comba
lunes, marzo 25, 2024

O PSOE acusa a Xunta de “deixar morrer” a homologación do Camiño dos Faros

O deputado do PSOE, Martín Seco, criticou que a Xunta de Galicia “teña paralizado” a homologación do Camiño dos Faros dende hai máis de 3 anos, que mesmo respaldaran aprobando unha iniciativa parlamentaria en 2020.

Lamenta que o executivo galego “prefira deixar esmorecer a iniciativa para modificala ao seu antollo de costas á asociación do Camiño dos Faros e aos concellos implicados, deixando de lado a posta en valor do alto interese natural, patrimonial e paisaxístico das comarcas en favor do mero uso economicista dalgún amigo do goberno galego”.

«A Xunta prefire xogar na Segunda División»

Martín Seco alertou que mentres o goberno galego mira para outro lado e mantén paralizada a homologación da ruta, “perdemos oportunidades, e mentres outros lugares e outras rutas xogan na champions league do sendeirismo, a Xunta prefire xogar en Segunda División”.

Os socialistas recriminan que “nin tan sequera se puxeron en contacto cos alcaldes afectados para ver como comezar a facer as reunións da mesa de implicados para conseguir a homologación”.

Piden que se cumpra acordo parlamentario aprobado en decembro de 2020 para desbloquear a dita homologación.

Desafía a secretaria xeral de Turismo

Desafiou á secretaria xeral de Turismo que “lle diga a verdade aos cidadáns dende Malpica ata Fisterra, dígalles que a Xunta de Galicia quere vulnerar unha iniciativa de éxito mundial para diluíla nun proxecto xeral por toda Galicia poñendo en risco o futuro desta ruta”.

Seco apostou por “un camiño dos faros tal e como está configurado actualmente, e non diluílo noutro tipo de proxecto que utilicen algúns intereses empresariais para beneficio dos amigos do goberno galego”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos