Unha persoa tivo que ser trasladada nun helicóptero medicalizado, logo de sufrir un accidente de tráfico na estrada que une Santa Comba con Baio á altura do núcleo das Travesas, na parroquia de Santa Sabiña. O seu coche bateu contra un muro.
Segundo explicaron desde o parque de bombeiros de Santa Comba tiveron que extraer á persoa ferida que “aínda que non se encontraba atrapada, estaba semiinconciente”.
Desde AXEGA 112 confirmaron que foi unha persoa particular a que chamou a este centro. Xunto co helicóptero que desprazou a esta muller a un hospital, mobilizáronse efectivos das Urxencias Sanitarias, os bombeiros , e tamén se achegaron ata o lugar axentes da Garda Civil de Tráfico, Policía Local, e Protección Civil de Santa Comba.

