O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, anunciou que a Xunta reserva máis de 16 millóns para a comarca de Bergantiños-Costa da Morte para os principais investimentos da comarca.
VAP Baio-Berdoias, variante de Carballo, saneamentos e Hospital de Cee
Durante a visita a localidade de Carballo, informou que a VAP Baio Berdoias contará coa partida máis importante de 3,5 millóns de euros, para o primeiro tramo de enlace de Baio con Camariñas e outros 500.000 euros para a avanzar na variante de Carballo.
Trenor subliñou que nesta zona a colaboración da Xunta cos concellos para mellorar os servizos de saneamento seguirán contemplando importantes investimentos nos municipios de Laracha, Cee e Corcubión cun investimento total de máis de 5,5 millóns de euros.
Segundo Trenor o hospital de Cee tamén absorberá varias partidas para a reforma de área de urxencias e a renovación do seu equipamento de case un millón de euros.
Tamén fixo referencia a un orzamento de 2,5 millóns de euros para a posta en marcha de dúas plantas de transferencia de residuos por parte de SOGAMA en Cee e Ponteceso.
Bono Cultura
Gonzalo Trenor visitou a libraría Brañas Verdes para animar aos profesionais do sector cultural a adherirse á campaña do Bono Cultura da Xunta que os clientes poderán empezar a disfrutar a partir do 2 de novembro ata o 31 de decembro.
Estivo acompañado polo deputado autonómico e portavoz do Partido Popular en Carballo, Rubén Lorenzo Gómez.