Informa AXEGA 112– Atopan a unha muller falecida tras declararse un incendio na súa vivenda en Santa Comba.
Os Bombeiros de Santa Comba encargáronse das tarefas de extinción do lume, que queimou a cociña, e indicaron ao 112 Galicia que a única ocupante da vivenda estaba falecida.
Un particular daba o primeiro aviso ás 18 horas da tarde, e indicaba que había unha persoa no interior do inmoble, situado no lugar da Illa (Santa Comba). Rapidamente, o 112 coordinou a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Santa Comba, da Garda Civil, e dos axentes da Policía Local e Protección Civil do municipio.
Unha vez no punto, os Bombeiros apagaron as lapas, que afectaron á cociña, e a muller, que estaba sentada preto desta estancia, foi atopada falecida polos servizos de emerxencias que se desprazaron ata o lugar.
P.D.) A señora falecida tiña 88 anos segundo fontes consultadas por este xornal.