15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Seguindo as pegadas dos mamíferos do bosque

O Concello e a Asociación Ambiental Senda Nova organizan o obradoiro de pegadas e indicios sobre a presenza de animais mamíferos no bosque que se vai realizar en Montemaior o sábado da próxima semana, día 22 de outubro. A iniciativa lévase a cabo no marco do programa Espías no bosque que financia a Deputación da Coruña.


O obradoiro vai dirixido a todos os públicos, principalmente a rapaces a partir de 8 anos de idade pero estando aberta a inscrición tamén para persoas adultas. O propósito é achegar aos participantes aos bosques e ao rural empregando como ferramenta o coñecemento das pegadas dos animais máis representativos.


A xornada principiará ás 10:30 horas na escola de Cumiáns, onde se desenvolverá a parte expositiva coa proxección de imaxes de pegadas de diferentes animais acompañada con explicacións das características de cada especie.

Despois do xantar -que deberá levar cada participante-, farase unha saída ao campo a carón do río Bradoso precisamente para procurar sobre o terreo as pegadas dos animais e evidenciar a presenza deles nos bosques laracheses. Este é o lugar escollido por contar con vexetación autóctona e gran biodiversidade a carón da canle fluvial.


A inscrición, que é gratuíta, debe formalizarse a partir do luns no Concello. As prazas son limitadas e outorgaranse por orde de solicitude.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos