10.8 C
Santa Comba
miércoles, febrero 19, 2025

Critican a inacción municipal diante da existencia dunha escombreira ilegal en Grixoa

A asociación de veciños San Xoán de Grixoa critica a “inacción por parte do concello de Santa Comba”, despois da denuncia formulada por esta entidade sobre a existencia dunha “escombreira ilegal” situada nesta parroquia.

Nun comunicado desde a asociación veciñal informan que o pasado 4 de setembro puxeron en coñecemento estes depósitos. E un día despois presentan unha petición por rexistro para a limpeza desta escombreira situada “ao lado dun camiño polo que transitan tanto persoas como animais o cal incrementa o risco tanto para o medio ambiente como os posibles accidentes e/lesións”.

Desde a entidade afirman sentirse “abraiados” coa resposta dada pola alcaldesa xalleira despois dunha pregunta formulada polo grupo Socialista.

Falta de medidas

“Non só pasou de largo da nosa problemática senón que engadiu que ademáis da escombreira ilegal do noso lugar, había moitas máis polo concello” comentan, lamentando que non se anunciaran medidas nin prazos de execución.

A AA.VV. San Xoán de Grixoa “condenan públicamente” as referencias no pleno por parte da mandataria que sinala que “moitas veces, eses vertidos son de concellos limítrofes”. Pensan que se tratan “dunha falta de respecto” a outros concellos.

“Pretende así agochar a súa falta de xestión neste tema e prefire botarlle as culpas aos demáis. No caso de San Xoán de Grixoa, temos constancia igual que as autoridades de que non é xente allea ao lugar a que se adica a tirar enseres na escombreira ilegal”. Apuntan. E lembran que “a escombreira segue sen limpar”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos