15.1 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Ferido grave nun accidente en Xaviña – Camariñas

Informa AXEGA 112- Foi o único ferido neste accidente que, ademais, tivo que ser evacuado no helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Faltaban apenas uns minutos para a unha da tarde cando a alerta por un accidente de tráfico na AC-452, ao paso por Xaviña, saltou no 112 Galicia. Quen chamou ao número único de emerxencias para informar do suceso asegurou que había unha persoa atrapada no interior dun dos coches implicados debido a unha porta bloqueada. Tamén indicou que o condutor perdía a consciencia, polo que os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 decidiron enviar unha dotación a bordo do helicóptero con base en Santiago.

Iso si, antes de recibir asistencia médica, o condutor necesitaba a axuda dos bombeiros para saír do vehículo. Por iso, desde o 112 Galicia, informouse aos efectivos do parque comarcal de Cee e pediuse a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade. Así, tras o rescate, o ferido puido recibir os primeiros coidados ata o seu traslado ao centro hospitalario de referencia na aeronave medicalizada.

Do atestado encargáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico.

foto- Bombeiros Costa da Morte

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos