Alberto Romar Landeira pechou unha etapa de dous anos como presidente da asociación de empresarios “penso que positiva para os socios”. Queda como presidente ata a asemblea, Pablo Pérez.
Romar asegura que nesa xuntanza que se celebrará o vindeiro mes “ falarei polo miúdo dos motivos que me levaron a tomar esta decisión, a cal foi consensuada con toda a directiva e coa miña familia”.
Máis socios, máis actividades, máis orzamento
De momento, fixo pública unha carta na que agradece o apoio da masa social e lembra a o aumento de socios da entidade, que pasou de 142 a 219 e tamén do número de actividades e do orzamento.
Tamén agradece o respaldo de entidades como a Deputación, o concello de Santa Comba, o GDR Terras de Compostela ou a Federación Galega de Comercio.
“Sigo no camiño da aprendizaxe e outros proxectos motivan este distanciamento, nunca asimilable ao esquencemento nin a desvinculación” manifesta Romar na súa carta na que apela a que a “unión e o esforzo son as nosas ferramentas para alcanzar o progreso de todos”.
O seu salto á política vense comentando desde fai meses; de feito no último pleno recibiu críticas desde o goberno local que sen citar o seu nome sí que facían referencia ao cargo que ata agora ostentou. E que agora deixa cunha bagaxe sen dúbida positiva e a fronte dun dinámico equipo directivo.