7 C
Santa Comba
domingo, abril 2, 2023

O PSOE de Santa Comba inaugurou a “Casa do Pobo” co obxectivo de conseguir a alcaldía

Lage declara que teñen “o obxectivo claro de ofrecerlle a Santa Comba o mellor equipo progresista posible para gobernar o concello”.

“O 28 de maio de 2023, chega o cambio a Santa Comba”. Esta é a mensaxe que se pode ver no cartel da “Casa do Pobo” do PSOE xalleiro, ubicada na rúa Alfonso Molina,75.

Na inauguración, o secretario de organización do PsdeG, José Manuel Lage Tuñas destacou “a importancia de contar cunha nova Casa do Pobo en Santa Comba, un primeiro paso que nos debe levar a recuperar un goberno socialista e progresista neste concello”.

“Os socialistas sabemos gobernar os concellos porque o facemos só para mellorar a vida dos veciños e veciñas, este partido ten 140 anos de experiencia traballando para a xente”, engadiu o secretario de Organización do PsdeG.

Carlos Turnes, portavoz do PSOE de Santa Comba, agradeceu “o traballo de moita xente desde hai meses para que este proxecto recupere a forza e a vitalidade, esta nova sede ábrese para atender aos veciños e buscar solucións aos seus problemas”.

Na mesma liña falou Antonio Leira, que agradeceu ademais “a valentía e o esforzo dos concelleiros socialistas de Santa Comba e dos compañeiros e compañeiras da agrupación local”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,841SeguidoresSeguir
1,100SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos