15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

Acusan ao alcalde de Muxía de facer “trucos de trileiro” para esconder unha “pésima xestión económica”

A portavoz do PP de Muxía criticou que o goberno local do PSOE decidise sacar adiante a aprobación dunha partida complementaria do Plan de Obras e Servizos (POS) para facer fronte ao custo das luz e da auga.

“Estamos ante un novo truco dun trileiro como é o alcalde de Muxía que, en lugar de recoñecer a súa nefasta planificación escúsase na subida da luz e da auga” manifestou Sandra Vilela.


Lembrou que hai menos de dous meses o executivo xa botou man de 150.000 euros das contas de todos os veciños para poder pagar os recibos da luz e do auga. “O que sucede en Muxía é unha auténtica barbaridade. Temos a un alcalde que nin goberna, nin xestiona e, o que é peor, as consecuencias de todo iso afectan os recursos da xente do concello que queda sen outros servizos que son máis que necesarios”.

Falta de pagamentos e requirimentos da Xunta de Galicia

Desde o Partido Popular de Muxía lamentan que o concello de Muxía continúe sen pagar a Festa dos Maiores celebrada o pasado mes de maio.

“No seu momento xa advertimos que o procedemento para a súa contratación era, polo menos, de dubidosa legalidade, o que provocou que non se poida facer fronte a este gasto”, explicou Vilela, quen fixo fincapé tamén nos requirimentos que a Xunta de Galicia enviou ao Concello de Muxía por incumprimento do período de pago a provedores.

“Estamos a falar dun asunto moi serio, tendo en conta que, de non arranxalo, os veciños de Muxía pódense quedar sen as partidas que lles corresponde dos Orzamentos Xerais do Estado e sen as subvencións que outorga o Goberno Autonómico”, concluíu Vilela.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos