O Bloque Nacionalista Galego de Camariñas denuncia a a través dun comunicado que “ o Instituto Social da Mariña está a revocar e reclamar as axudas por cese de actividade dos traballadores por conta propia por mor da caída da produción nos peches pola COVID-19”.
Os nacionalistas lembran que “estas axudas foron dadas a mariscadoras e mariscadores polo peche da actividade de marisqueo por mor da COVID-19 e a falta de clientes para mercar a produción a cal se vende maiormente a restaurantes e ao pechar estes non era viable traballar”.
Segundo o BNG “o ISM basease a reclamación en que a minoración do primeiro semestre do 2021 non é o 50% do segundo trimestre do 2019 ano onde a facturación foi escasa por parte deste sector”.
Ao Congreso
Aclaran que “na propia petición baixo declaración responsable non pedía ese requisito de estimar a facturación a posteriori”.
O BNG de Camariñas anuncia que trasladará esta problemática ao Congreso dos deputados “para que o goberno acredite o porque de reclamar estas axudas a un sector que xa sufre de máis”.