O presidente provincial do PP, Diego Calvo, e o secretario xeral, Evaristo Ben, participaron nun encontro con alcaldes e portavoces da comarca de Bergantiños.
Destacou o traballo feito polos alcaldes de Cabana (José Muíño), Laxe(José Luis Pérez), Coristanco (Juan García), Malpica (Eduardo Parga) e A Laracha(José Manuel López Varela).
“Aquí non vimos prometer cousas que non teñamos demostrado. Aquí basta con botar unha ollada do que son capaces de ofrecer os nosos alcaldes e comparalo cos problemas que existen en Ponteceso, cun alcalde en minoría e con só dous apoios, ou co proxecto caduco de Evencio Ferrero en Carballo” declarou Calvo.
Carballo e Ponteceso
Afirmou que aspiran a manter esas alcaldías e non renuncian a nada en Carballo e Ponteceso:“Se facemos as cousas ben, se traballamos duro estes meses e se estamos preto da xente propondo e ofrecendo unha alternativa real, non renunciamos a nada en municipios como Carballo e Ponteceso”.
E sobre os gobernos do BNG en Carballo e do PSOE en Ponteceso falou.“Por moito que o señor Ferrero trata de apartarse, o certo é que pertence a un BNG que segue ancorado na política do ‘non’ e da confrontación” manifestou en alusión a un proxecto “caduco” e “falto de ambición” que percibe na capital de Bergantiños.
Lamentou a falta de xestión do executivo de Ponteceso:“De xestión, da presentación de plans e da elaboración de proxectos, nada de nada” apuntou.