O portavoz do PP de Carballo, Rubén Lorenzo, lamenta as contradicións do alcalde, o nacionalista Evencio Ferrero, quen fai un discurso en Carballo pedindo á Xunta axilidade para poder ampliar o polígono industrial de Bértoa e, ao mesmo tempo, o seu partido vota no Parlamento autonómico en contra da nova lei de áreas empresariais de Galicia, destinada a dinamizar o solo industrial da comunidade.
Lorenzo cuestiona que os nacionalistas rexeiten agora a posta en marcha das ferramentas necesarias da man da nova lei, despóis de anos de reproches do BNG de Carballo á Xunta e de urxir actuacións para poñer a disposición máis solo. Estas contradicións fan dubidar ao portavoz popular de que o goberno nacionalista de Carballo aposte de verdade por simplificar e axilizar calquer proxecto empresarial futuro no Concello. “Unha vez máis os nacionalistas amosan as súas contradicións antepoñendo os intereses partidistas aos do propio Carballo”, afirma Rubén Lorenzo.
Segundo comenta o político carballés a nova lei de áreas empresariais de Galicia, aprobada o martes no Parlamento galego facilita a execución, atendendo á demanda existente, e inclúe a creación de figuras como as reservas estratéxicas de solo e os plans estruturantes, que permitirán reducir de 21 a 9 meses a aprobación dun proxecto de urbanización. Tamén permite axilizar modificacións na ordenación dos parques, e reforzar a xestión e conservación destas zonas industriais.
Rubén Lorenzo subliña que a nova norma é ademáis froito da colaboración e o consenso dos axentes implicados, coa a incorporación de moitísimas alegacións, como o amosa o apoio dado polo PSdeG para a súa aprobación na Cámara galega, sendo o BNG o único partido en votar en contra desta pioneira lei. Este rexeitamento dos nacionalistas ten un prexuízo maior para Carballo, segundo insiste, porque a lei redóbra a aposta polos Concellos Emprendedores, entre eles Carballo, dándolle rango de lei a esta figura, o que supón importantes beneficios no eiro do emprego, o comercio local ou a industria.
“Non podemos desaproveitar a oportunidade de que empresas interesadas en instalarse en Carballo no o fagan polos atrancos impostos polo BNG”, afirma o portavoz popular no Concello.
Ruben Lorenzo comprométese a seguir traballando por Carballo desde a portavocía do PP no Concello, e mesmo desde o seu escano no Parlamento galego defendendo os intereses do Concello frente a parálise na que leva tempo instalado o goberno nacionalista de Ferrero.