10.9 C
Santa Comba
viernes, mayo 9, 2025

«Móvete!» en Muxía coas actividades culturais e deportivas previstas

O Concello de Muxía deu a coñecer esta mañá, a través do alcalde, Iago Toba, e a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, a programación cultural e deportiva ‘Móvete!’ para esta nova temporada 2022/2023.

Este completo compendio de actividades darán comezo a partir do vindeiro mes de outubro e haberá propostas destinadas para todo tipo de público e de idade, no que terán preferencia as persoas empadroadas no municipio. Os trípticos comezarán a repartirse nos colexios da vila durante a vindeira semana.

As persoas interesadas poderán inscribirse no ximnasio municipal de Muxía ata 5 de outubro, de luns a venres en horario de atención ao publico. As prazas serán limitadas e para que unha actividade poda dar comezo será requisito indispensable que haxa como mínimo 10 inscricións en cada unha. No caso de que o número de demandas supere a oferta farase un sorteo público entre as persoas inscritas.

Tras a presentación, a concelleira de Cultura, Olalla Benlloch, destacou “a gran variedade desta programación, que ten como principal obxectivo favorecer a organización e conciliación das familias”.

As actividades culturais abranguen teatro, talleres de estimulación cognitiva, música e baile tradicional, tanto para nenos e nenas como para adultos.

En canto ás escolas deportivas a oferta inclúe fútbol sala, fútbol, iudo, patinaxe, psicomotricidade e balonmán. Ademais, para as persoas adultas haberá ximnasia de mantemento, pilates, GAP, Spinning e tonificación.

As actividades de baile serán baile latino e salón para maiores de 18 anos, e para a rapazada a programación incorpora iniciación á danza e baile moderno.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos