8.1 C
Santa Comba
sábado, marzo 25, 2023

Licitan o servizo de bar do Club Náutico de Camariñas

O Club Náutico de Camariñas anuncia a licitación da explotación das instalacións do bar da entidade. Poden presentarse ofertas desde o 19 de setembro e ata o 14 de outubro.

Segundo informan nun comunicado “o contrato será de 5 anos e con prórroga por outros 5 anos (10 anos en total) si non hai rescisión por ningunha das dúas partes ao finalizar o periodo dos primeiros 5 anos de contrato”.

As persoas físicas ou xurídicas interesadas en presentarse á licitación poden recoller a documentación nas oficinas do Club Náutico de Camariñas de luns a venres de 18,00 h. a 20,00 h.

Desde o Club Náutico comentan que “as instalacións están ubicadas nun entorno privilexiado, con amplio aparcamento e cun establecemento reformado fai uns anos onde se ubica o Bar Náutico e que conta con todo o necesario para iniciar a actividade”.

Lembran que cada ano visitan as instalacións náuticas “máis de 600 embarcacións ao longo do ano ademáis de contar con actividades náuticas todo ano a través da empresa Ubuntu”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos