15.6 C
Santa Comba
lunes, marzo 20, 2023

A Festa da Pataca declarada de Interese Turístico de Galicia

Foto- Alfonso Rueda despois do Consello da Xunta

Nas vésperas da súa edición número 40 a Festa da Pataca de Coristanco recibiu un potente espaldarazo.

A declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia por parte do Consello da Xunta na xuntanza deste xoves.

Desde o goberno galego fan referencia ao informe favorable do Consello Galego de Turismo “onde se valora a creatividade e a innovación na celebración do evento, onivel de dotación de infraestruturas e equipamentos para a celebración da festa e a recepción de visitantes, a afluencia de visitantes, a coordinación das entidades públicas e privadas involucradas na celebración e o adecuado coidado dos contornos urbanos, monumentais ou paisaxísticos onde se desenvolve”.

Precisamente esta fin de semana celébrase unha nova edición da Festa da Pataca cun completo cartel de actividades.

A Pataca, un produto de calidade

“Esta festividade ten a súa orixe na necesidade de dar a coñecer a calidade do produto gastronómico que atopa na terra de Coristanco un óptimo lugar para o seu cultivo, pola conxunción da climatoloxía húmida e temperada desta xunto coas condicións do seu solo. Foi unha das primeiras festas gastronómicas de Galicia e naceu nun momento de predominio do traballo agrícola e de cultura enraizada na vida rural” suliñan desde a Xunta de Galicia.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,080SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos