A asociación Axio Mouro de Santa Comba organiza unhas xornadas tradicionais o vindeiro sábado 24 de setembro no edificio multiusos de Santa Comba. Estas son as actividades
16.00h-18.00h – Obradoiro de bordado fotográfico impartido por Molomi Feito a Man.
16.00h-18.00h – Masterclass de gaita impartido por José Manuel López (Josele)
18.00h-19.00h – Iniciación ás tarrañolas impartida por Antonio Prado.
19.00h-20.30h- Obradoiro de baile tradicional impartido por Olga Kirk.
Pola noite haberá unha foliada. O prezo para asistir a cada obraodiiro é de 5 euros. Contacto 669 32 65 54.
Asemblea aberta Axio Mouro
E este vindeiro domingo 18 de setembro Axio Mouro convoca unha asemblea aberta no multiusos. Segundo a entidade nesta xuntanza “trataranse os diferentes puntos da asociación, contas, novos proxectos para este curso e máis cousiñas”.
A dinámica entidade xalleira comeza as súas clases cunha xornada de portas abertas o vindeiro 23 de setembro, neste caso no local sociocomunitario xalleiro.