16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Malestar no IES Terra do Xallas polas deficiencias no transporte escolar

Nais e pais do alumnado do IES Terra do Xallas presentarán unha “queixa formal” ante a Consellería de Educación polas deficiencias no servizo de transporte escolar que están percibindo no arranque do curso académico, por parte da empresa adxudicataria.

Tamén queren que sirva de aviso para que non se repitan situacións como as vividas este 9 de setembro:

“Empezamos a sufrir outro curso máis os problemas do transporte. Hoxe, nove de setembro, unha das súas liñas pasou polas paradas con corenta e cinco minutos de retraso. As familias tiveron que realizar o desprazamento do alumnado para evitar que chegara ao centro fóra do horario de inicio das clases. Unha segunda liña xa non fixo o servicio”.

Agora desde a ANPA do instituto xalleiro están recollendo datos das persoas afectadas para trasladar ao servizo de transportes da consellería.

Foto- José A. Suárez- Google Maps

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos