O concello de Muxía informa que pechará este mes de setembro “histórico” coa licitación de obras por valor de máis de 1.770.000 euros.
Son preto de trinta intervencións.”“Esta cifra de investimento non se manexaba desde fai bastantes anos neste concello e, gracias a isto, Muxía será o municipio que máis obras porá en marcha no actual e vindeiro mes”, destacou o alcalde Iago Toba.
Indican que xunto con plan “Máis Rural” o que xa se completou a segunda fase de obras tras sacar a semana pasada mais de 240.000 euros, súmase investimentos do POS tales como intervencións en Bardullas ou Buiturón.
Demandas veciñais históricas
“A pesares de ter pouca poboación, este equipo de goberno prometeu que non sería un impedimento para facer unhas melloras moi necesarias e reclamadas en diferentes lexislaturas polos propios veciños. Así é o caso de Martineto ou Figueroa, onde reunímonos coa veciñanza en diferentes ocasións para que o que estamos a vivir hoxe sexa unha realidade”, explica o mandatario socialista nun comunicado de prensa.
O concelleiro de obras, Javier Romar, tamén puxo en valor que “a través deste ambicioso plan de obras poñeremos solución ás demandas históricas dos veciños e veciñas e cumpriremos coa promesa feita por este equipo de goberno, a pesar das dificultades e trabas que tivemos durante anos por parte da oposición”.