10.9 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Desfile do liño en Vimianzo

O Castelo de Vimianzo albergará este sábado o ‘Desfile do liño’, ás 19:00 horas e nunha gala que presentará o modelo internacional e veciño Damián Álvarez.

Para asistir é necesario inscribirse en www.vimianzo.gal/turismo. A entrada será de balde ata completar aforo e adxudicarase a entrada por orde de inscrición. Colabora nesta actividade a Asociación de Amigos do Liño de Galicia.


As creacións das artesás e artesáns locais cobrarán vida, con modelos chegados de toda a Costa da Morte e nunha pasarela repleta de vestimentas e complementos elaborados na fortaleza soneirá, nunha cita que pechará o programa de Artesanía en vivo, celebrado este verán, cada sábado neste xenuíno enclave vimiancés.


Ademais, o sábado pola mañá, ás 11:00 horas celebrarase o derradeiro taller, o de Encadernación, ás 11:00 horas e con inscricións dispoñibles tamén en www.vimianzo.gal/turismo.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos