5.4 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

O concello de Dumbría apoia as demandas do colexio Santa Eulalia de Dumbría

Publicamos a nota de prensa íntegra remitida desde o concello de Dumbría

O Concello de Dumbría remitiu esta mañá un escrito a diferentes autoridades da Xunta de Galicia.

Esta mañá o Concello de Dumbría remitiu ao Conselleiro de Educación, Román Rodríguez; ao Xefe Territorial da Consellería de Educación na Coruña, Indalecio Cabana Leira, ao Xefe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, Rubén Ponte Justo; e ao Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Gonzalo Trenor; un escrito en apoio ás reclamacións da ANPA 15 de maio, do CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría.

O Concello de Dumbría quere mostrar a súa preocupación polo convulso inicio de curso que se está vivindo no CEIP Plurilingüe Santa Eulalia de Dumbría.

Desde aquí queremos solidarizarnos coas reivindicacións que se están levando a cabo desde a ANPA, as cales consideramos necesarias e xustas.

Non é entendible que, pese a non ter diminuído o número de matrículas con respecto ao ano anterior, senón todo o contrario, por parte da Consellería de Educación se tome a decisión de que un dos profesores destinados no centro, e cuxa praza se atopa no mesmo, pase a ser compartido con outro centro escolar.

Segundo nos informan desde a ANPA 15 de maio, dito mestre ten o seu destino definitivo no colexio desta localidade, coa dedicación plena ao mesmo e con suficiente alumnado ao que atender.

Por iso resulta totalmente incomprensible que este alumnado se vexa privado das horas de atención que lle pertencen.

Non é de recibo o trato discriminatorio que o alumnado do rural está a recibir por parte da Consellería.

A calidade de vida da poboación rural, e da Costa da Morte en concreto, está a minguar día a día.
Os recortes en educación, coma o que nos ocupa; en Sanidade, coa supresión de servizos e o peche de consultas en pleno mes de agosto, mes no que o incremento de poboación é significativo; as deficiencias en servizos de pediatría e matronas; os déficits en infraestruturas, con estradas nun estado lamentable, bacheadas; están a facer cada día máis complicado fixar poboación neste territorio.

Non pode ser que a xente que vivimos no rural sexamos tratados coma cidadáns de segunda.

Os dereitos das nenas e nenos do rural non poden ser menores cós doutros.

Por iso pedimos que sexan escoitadas as demandas da ANPA e que o mestre asignado ao centro, e con praza no mesmo, poida levar a cabo as súas tarefas a tempo completo en Dumbría.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos