12 C
Santa Comba
viernes, marzo 31, 2023

Un choque entre dous turismos remata con dúas persoas excarceradas en Laxe

Informa AXEGA 112- Foto-@HelicoSantiago

A raíz do accidente, unha persoa tivo que ser evacuada en helicóptero medicalizado ata o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e a outra foi trasladada a bordo dunha ambulancia. Os feridos, que ocupaban distintos vehículos, tiveron que ser excarcerados polos bombeiros.

Sucedeu ás 15:15 horas de hoxe, foi a esa hora cando o 112 Galicia recibiu a chamada de alerta dunha testemuña da colisión. No seu relato, indicaba que era necesaria a intervención dos equipos de emerxencia para liberar a dúas persoas implicadas nun choque entre dous turismos na recta de Traba de Laxe, na provincia da Coruña.

Nada máis ter constancia dos feitos, desde o 112 pasouse aviso de inmediato aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que informaron da mobilización da aeronave medicalizada con base en Santiago ata o punto.

Ademais, co fin de prestar apoio ao equipo médico e realizar as tarefas de excarceración dos implicados, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Bergantiños e dos membros do GES de Ponteceso.

Ao lugar tamén acudiron os axentes da Garda Civil de Tráfico e os efectivos de Protección Civil de Laxe co fin de restablecer as condicións de seguridade na vía

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,840SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos